A montanha mágica

terça-feira, julho 15, 2003

POESIA




Lugares de Rosalía

Carmen Blanco


A CASA E MÁIS ALÁ DA CASA

"Na vila coruñesa de Padrón, na antiga aldea da Matanza e na vella horta da Paz, xusto ao lado da vía do tren, nas orelas do Sar, encontrase a Casa Museo Rosalía de Castro, hoxe sede tamén da Fundación do seu nome e do Centro de Estudios Rosalianos, que desde o 2000 edita a Revista de Estudios Rosalianos. A escritora morreu, como vivira os últimos anos da súa vida, nesta pequena casa situada ao pé do monte Meda ou Miranda, moi próxima á casa grande de Arretén da súa nenez e ascendencia materna, e non lonxana das Torres de Hermida en Lestrove nas que pasou estancias prolongadas e hoxe pode aloxarse quen viaxa. Contiguo a Padrón, en Iria Flavia, encóntrase tamén o encantador cemiterio de Adina por ela así cantado e que a albergou por un tempo, ata que os seus restos foron trasladados ao Panteón de Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela, a cidade máis evocada na súa obra, coa súa catedral, as súas pedras, as súas sombras, os seus soportais e os seus sitios especiais de San Lourenzo ou Conxo. Padrón e Compostela son, pois, os lugares centrais do culto rosaliano, aínda que os espacios vinculados á súa vida e á súa obra sexan tamén moitos outros e a turística ruta rosaliana conte xa entre eles tamén coa pequena casa paterna da aldea de Castro de Ortoño da súa nenez e as altas torres de Bastabales, coas campás da soidade que se escoitan en toda a comarca.
A que hoxe é Casa de Rosalia e se pode visitar non foi en vida propiedade da autora, pois Rosalía non tivo nunca casa propia en ningún dos sentidos e son numerosos os inmobles que se sabe que habitou -ademais dos citados - en Padrón, Santiago e A Coruña (nun deles está ubicado o restaurante "Casa Rosalía" nesta última cidade). Pasado o tempo, a casa na que a poeta morreu quedou en ruínas e foi o galeguismo resistente da posguerra franquista quen a adquiriu, a restaurou e fixo dela a súa casa, coa axuda dos Centros Galegos de América, instaurando ao mesmo tempo un culto populista baseado na galeguidade sentimental e tradicional, que conta con dúas efemérides esenciais, o 25 de xullo, Dia de Galicia, e o 15 de xullo, aniversario da morte. Grande parte da musa do pobo que foi Rosalia está sen dúbida recollida neste culto, como os rexistros máis variados da poeta poliédrica que tamén foi están contempladas nas publicacións e as novas actividades promovidas pola actual Fundación. Pero a intensa escritora e profundísima poeta que é non colle nesa casa e o lugar da súa poesía é un inmenso lugar sen lugar que vai moito máis alá da súa casa, abarcando todos os espacios que habitou a súa vida e habita a súa obra, e se hai que dicir un só sitio para ser o seu lugar, esse lugar é o mar, que, côas suas augas sem fondo como as da liberdade, foi o lugar que mais quixo esta súa filla do mar.

MUXÍA E FISTERRA

Mais Rosalía non foi nunca unha muller de mar, xeográfica e socialmente falando, pois a súa vida transcorreu fundamentalmente apartada da costa e dos portos. A súa existencia foi aldeá, de casa pequena ou casa grande; vilega, de pequena vila; e provinciana, de cidade e capital de provincias, respondendo a unha predilección pola tranquila medianía. Pero, igual que tivo a experiencia urbana madrileña da capital central -moi importante para a xestacion, conformación e sentido último da súa obra e para El caballero de Ias botas azules (1867)-, tivo tamén a vivencia mariñeira dos pequenos portos de Arousa e Fisterra, así como do gran porto da Coruña, en estancias máis ou menos prolongadas que Ile permitiron un coñecemento simpático da vida na costa atlântica desta Extrema Europa galaica e que tiveron tamén unha función nuclear na semente do seu fecundo mundo creativo. E, neste sentido, sen dúbida, é dunha transcendencia especial a súa presencia en Muxía en setembro de 1853, aos 16 anos, para asistir á Romaría da Virxe da Barca, en compañia de Eduarda Pondal, a irmã do outro gran poeta do Rexurdimento, Eduardo Pondal, morta a consecuencia do tifo contraído por ela e por Rosalía nesa vila, e quizá a inspiradora da emblemática "Carta a Eduarda" sobre "Las literatas" (1865), o noso primeiro cuarto propio.
0 contorno do mar de Muxía é un lugar apartado da costa atlántica no que mar e monte se xuntan conformando unha paisaxe agreste e salvaxe de extraordinaria beleza, perpetuamente moldelada e musicada polas mareas e o vento. Aquí hai puntos últimos tan só de pedra e auga, como a Punta da Barca, onde se ubica o santuario sobre un solo granítico de rochas peladas e inmensas pedras, flanqueado polo promontorio da Buitra con perforacións de grutas case inaccesibles como a Buserana. É tarnén, en consecuencia, un espacio especialmente duro para a vida das xentes que nel habitan. Por outra parte, é ademais este enclave un tramo de navegación perigoso que ten o seu centro no porto máis oceánico de Galicia, o de Muxía, situado na enseada e no istmo do mesmo nome, entre o cabo Touriñán ao sur -o punto galaico máis occidental- e o cabo Vilán ao norte. Porque Muxía está no trânsito da chamada Costa da Morte -que para os seus habitantes o é da vida- e que se prolonga máis alá de Touriñán ata o Cabo Fisterra e despois de Vilán ata Malpica de Bergantiños e conta cunha longa e reiterada historia de naufragios da que é recordatorio o Cemiterio dos Ingleses. Quizá por todas estas e outras moitas razóns é tamén Muxía un coñecido espacio sagrado desde tempos inmemoriais no que aínda hoxe teñen lugar rituais cristiáns vinculados ao ciclo mariano do mar e a peregrinación xacobea que transparentan outros pousos precristiáns múltiples e evidentes derivados do culto ás pedras e ás augas. Neles mestúranse, en simbiose, complexos mitos de mar, vida e morte relacionados con santos predicadores, navegacións marabiIlosas e máxicas mulleres mariñas protectoras.
Sen a estancia da que vimos falando non se explicarían nin o poema sobre a romaría da Nosa Señora da Barca, incluído en Cantares gallegos (1863) nim tampouco se explicaría a novela La hija del mar (1859), ambientada explicitamente na comarca de Fisterra, na vila de Muxía, a localidade próxima de Moraime, os pequenos portos máis esquecidos e agrestes aos que se alude sen nomealos -Camelle, Arou ou Merexo- e o mar aberto da inmensa praia do Rostro final, localizado no extremo do cabo do mundo no que se suicida Esperanza, a filla do mar. Pero, sobre todo, mostra unha vivencia profundísima da paisaxe material e humana deste territorio perdido, deserto e desolado que plasma con rebordante interiorización romântica, deixándonos -se a despoxamos de certos excesos de retórica declamatoria- unhas imaxes espléndidas da desnudez destas paisaxes exteriores e interiores extremas. A súa terrible grandeza, que fascina e espanta, plasmouna magnificamente na figura do león, que, durmido ou desperto, é, á vez, o mar, a terra e o pirata protagonista, unha imaxe que sem dúbida lle foi inspirada polas formacións zoomórficas das grandes pedras que poboan esta costa e polas formas da propia costa e pólos movementos das ondas e polos ruxidos do mar. (...)

0 MAR DO DESEX0

"Mar" foi a última palabra que pronunciou na súa vida, xusto antes de morrer. "Abre esa ventá, que quero ver o mar" foron todas as súas últimas palabras dixidas á súa filla primoxénita. E, polo tanto, o mar foi tamén o seu último desexo. No momento último quixo ver o mar. E cremos que, de feito, o viu cos visionarios ollos do desexo. Pero é que, ademais, tamén vira o mar cos ollos do corpo cumprindo así seus últimos desexos. Pouco antes de morrer foi ao pequeno porto de Carril, moi preto de Padrón, a contemplalo e sentilo en compañiaa dos seus, especialmente, coa caída do sol. Os seus aires forou o bálsamo vivificador que Ile deu forzas para tomar o último tren para ir a casa e templar o trânsito de ser definitivamente remplazada no mundo polas súas fillas. Así conta Murguía a morte da súa muller. Ao final só importa o que de verdade importa. Nela, entón, o mar."
in Hablar / Falar de Poesia, n.º 6.

posted by Luís Miguel Dias terça-feira, julho 15, 2003

Powered by Blogger Site Meter

Blogue de Luís Dias
amontanhamagica@hotmail.com
A montanha mágica YouTube




vídeos cá do sítio publicados no site do NME

Ilusões Perdidas//A Divina Comédia

Btn_brn_30x30

Google Art Project

Assírio & Alvim
Livrarias Assírio & Alvim - NOVO
Pedra Angular Facebook
blog da Cotovia
Averno
Livros &etc
Relógio D`Água Editores
porta 33
A Phala
Papeles Perdidos
O Café dos Loucos
The Ressabiator

António Reis
Ainda não começámos a pensar
As Aranhas
Foco
Lumière
dias felizes
umblogsobrekleist
there`s only 1 alice
menina limão
O Melhor Amigo
Hospedaria Camões
Bartleby Bar
Rua das Pretas
The Heart is a Lonely Hunter
primeira hora da manhã
Ouriquense
contra mundum
Os Filmes da Minha Vida
Poesia Incompleta
Livraria Letra Livre
Kino Slang
sempre em marcha
Pedro Costa
Artistas Unidos
Teatro da Cornucópia


Abrupto
Manuel António Pina
portadaloja
Dragoscópio
Rui Tavares
31 da Armada

Discos com Sono
Voz do Deserto
Ainda não está escuro
Provas de Contacto
O Inventor
Ribeira das Naus
Vidro Azul
Sound + Vision
The Rest Is Noise
Unquiet Thoughts


Espaço Llansol
Bragança de Miranda
Blogue do Centro Nacional de Cultura
Blogue Jornal de Letras
Atlântico-Sul
letra corrida
Letra de Forma
Revista Coelacanto


A Causa Foi Modificada
Almocreve das Petas
A natureza do mal
Arrastão
A Terceira Noite
Bomba Inteligente
O Senhor Comentador
Blogue dos Cafés
cinco dias
João Pereira Coutinho
jugular
Linha dos Nodos
Manchas
Life is Life
Mood Swing
Os homens da minha vida
O signo do dragão
O Vermelho e o Negro
Pastoral Portuguesa
Poesia & Lda.
Vidro Duplo
Quatro Caminhos
vontade indómita
.....
Arts & Letters Daily
Classica Digitalia
biblioteca nacional digital
Project Gutenberg
Believer
Colóquio/Letras
Cabinet
First Things
The Atlantic
El Paso Times
La Repubblica
BBC News
Telegraph.co.uk
Estadão
Folha de S. Paulo
Harper`s Magazine
The Independent
The Nation
The New Republic
The New York Review of Books
London Review of Books
Prospect
The Spectator
Transfuge
Salon
The Times Literary...
The New Criterion
The Paris Review
Vanity Fair
Cahiers du cinéma
UBUWEB::Sound
all music guide
Pitchfork
Wire
Flannery O'Connor
Bill Viola
Ficções

Destaques: Tomas Tranströmer e de Kooning
e Brancusi-Serra e Tom Waits e Ruy Belo e
Andrei Tarkovski e What Heaven Looks Like: Part 1
e What Heaven Looks Like: Part 2
e Enda Walsh e Jean Genet e Frank Gehry's first skyscraper e Radiohead and Massive Attack play at Occupy London Christmas party - video e What Heaven Looks Like: Part 3 e
And I love Life and fear not Death—Because I’ve lived—But never as now—these days! Good Night—I’m with you. e
What Heaven Looks Like: Part 4 e Krapp's Last Tape (2006) A rare chance to see the sell out performance of Samuel Beckett's critically acclaimed play, starring Nobel Laureate Harold Pinter via entrada como last tapes outrora dias felizes e agora MALONE meurt________

São horas, Senhor. O Verão alongou-se muito.
Pousa sobre os relógios de sol as tuas sombras
E larga os ventos por sobre as campinas.


Old Ideas

Past